viernes, 30 de abril de 2021

PÁJARO AMARILLO

 

Autora: Olga de Dios    Editorial: Apila

SOBRE O CONTOO protagonista deste conto é un pequeno páxaro amarelo que se distingue de todos os seus amigos que poden voar por unha gran capacidade: a de crear inventos. A diversidade é un dos temas que se abordan a través deste conto. Pájaro Amarillo comparte cos seus amigos e amigas todas as súas creacións e desfruta con eles e elas, ata que queda só, xa que todos os paxaros emprenden viaxes a outros lugares do mundo. Ao recibir postais deles, séntese moi triste e expresa a súa tristeza debido a frustración de non poder voar, de non poder vivir a vida tal e como poden as súas amigas e amigos. Que fará para solucionar iso? Descúbreo no conto.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de investigaciónDeixámosvos un pequeno proxecto de investigación das aves que saen no conto. Con todas elas podedes facer un caderno de investigación. Xa sabedes que o que vos deixamos no blog son ideas para facer, non tedes porque facelo todo. Premendo na imaxe podedes ver e descargar o PDF.


Viaxar coas aves: Para traballar con este libro elaboramos unas tarxetas sobre aves e continentes, posto que ó inicio e final do conto aparece o planisferio. 




Isto daranos moito xogo, xa que ademais de aprender os nomes das diferentes aves, van poder relacionalas co continente ao que pertencen e así aprender tamen os continentes dunha forma manipulativa


Pinchando na imaxe podedes entrar no PDF no que tedes as tarxetas das aves e dos continentes, así como dos nomes de todas elas. Podedes imprimilos e recortalos para poder xogar con eles ou ben debuxalos. Como vos prefirades.


Nestas imaxes, sacadas de https://elauladejanire.wordpress.com/2015/11/02/cuento-sobre-compartir-y-colaborar-pajaro-amarillo/ podedes ver como empregar ese material.



Un paxaro inventor: Imos facer un pouco de ciencia! Este é un experimento moi sinxelo no que só necesitades un vaso, papel e auga. Mirade o vídeo e a probar vós. Fixádevos na man que ten o parafuso.


OUTRAS PROPOSTAS:
Algunhas manualidades: Sabedes que a Paxaro Amarelo lle encanta crear cousas, pois nós imos propoñervos facer un paxariño moi moi divertido e colorido, só necesitades un anaco de catón, nel debuxade o paxariño e pintádeo ou decorádeo como vos guste, podedes empregar todo o que queirades. Estamos desexando ver que paxariños tan fermosos creades. Na seguinte imaxe deixámosvos un exemplo por se non se vos ocorre nada...

Imaxes sacadas de Pinterest


E para rematar unha rima con movemento de Tamara Chubarovsky, EL POLLITO.


domingo, 18 de abril de 2021

DE QUE COR É UN BICO

 

Autora: Rocío Bonilla         Editorial: Algar

SOBRE O CONTOEste conto trata dunha nena chamada MINIMONI, a ela encántalle pintar mil cousas de cores: xoaniñas vermellas, ceos azuis, plátanos amarelos...pero nunca pintou un bico. De que cor será? Vermello como unha deliciosa salsa de tomate? Non, porque tamén é a cor do enfado...Será verde como os crocodilos, que sempre lle pareceron tan simpáticos? Imposible, porque é a cor das verduras, e non lle gusta comelas! Como podería pescudar de que cor é un bico?

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades. Premede na imaxe para descargar o novo caderno de actividades. Agardamos que vos guste!



OUTRAS PROPOSTAS:
Xogamos coas cores: A continuación, deixámosvos unhas imaxes de propostas para traballar as cores, clasificándoas, seguindo un patrón... Son moi fáciles de facer! Serve calquera obxecto que teñamos pola casa. 



Imaxes extraídas de Pinterest.

Segue o camiño: Hoxe tamén vos deixamos un exemplo dun xogo de orientación espacial con cores. Deixámosvos unhas plantillas descargables en PDF pero podedes adaptalo como vos queirades. Pinchando na imaxe podedes ver o vídeo.

Actividades de Educación Infantil
E xa para rematar deixámosvos a canción “Bicos polo aire” de Fíos do querer.

miércoles, 7 de abril de 2021

NADARÍN


Autor: Leo Lionni            Editorial: Kalandraka

SOBRE O CONTOEste é un conto que nos invita á reflexión sobre moitos valores distintos: o valor da diferenza e o respecto por todos, a superación dos medos e das adversidades e o valor do traballo en equipo, porque "a unión fai a forza" e o peixe pequeno non sempre ten que perder fronte ao grande.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades. Premede na imaxe para descargar o novo caderno de actividades. Agardamos que vos guste!


A pintar! Outra proposta que vos deixamos é facer un mural/cadro coas imaxes do conto. Para eso, primeiro tedes que facer o fondo mariño con acuarelas ou témperas e despois  podedes comenzar a estampar peixes sobre o fondo. Póñemosvos algunhas ideas de como podedes facer para estampar os peixes.


OUTRAS PROPOSTAS:
MOONIMA. Peixes de fieltro ou goma eva. Empregando a plantilla que nos achega MOONIA, debuxamos peixes, no material escollido, vermellos e negros. Despois, recortamos e pegamos ollos móviles aos peixes, un ollo a cada lado, como vedes na imaxe.
Pinchando na imaxe podedes descargar o PDF para imprimir a plantilla do peixe e as tarxetas para a actividade de dereita- esquerda que explicamos a continuación.


Estes peixiños imos necesitalos para facer a seguinte actividade. 


Facemos un acuario. Deixámosvos varias propostas para que escollades a que máis vos guste, e botádelle imaxinación e sorprendédenos co voso acuario.


E rematamos cun pouquiño de música, con unha canción de Magín Blanco titulada 
"Peixiños do mar".


Canción sacada da canle de youtube "A Mesa pola Normalización Lingüística"