domingo, 21 de marzo de 2021

DESAYUNO DE PRIMAVERA

Hoxe comeza a primavera e queremos celebralo compartindo este conto tan especial para nós. Agardamos que vos guste!


Autora: Pilar Redondo Benítez        Ilustradora: Joana Bruna         Editorial: Amigos de papel

SOBRE O CONTOChega a primavera e todos os animais espertan do seu sono invernal e o bosque énchese de vida. Zorro atopa unha cesta abandonada cun rico biscoito dentro. Ten moitas gañas de comer un anaco, pero antes decide buscar ao seu dono e así pedirlle se o poden compartir. Na súa búsqueda crúzase con varios animais que se van sumando ao seu obxectivo. Finalmente, atoparán á dona do biscoito e descubrirán que o seu obxectivo era xustamente o de organizar unha festa de benvida para compartir ese rico biscoito.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades. Premede na imaxe para descargar o novo caderno de actividades. Nel podedes atopar actividades de comprensión, lóxica, lectura e escritura e incluso arte. Pasádeo moi ben!

E agora tamén podedes descargar o caderno en castelán. Premede na seguinte imaxe!

OUTRAS PROPOSTAS:
Biscoito de mazá: Igual que os animaliños do bosque se vos animades podedes facer este rico biscoito para celebrar a chegada da primavera. Aquí vos queda a receita. Podedes vela pinchando na imaxe.
Memori cos personaxes do conto: Podedes imprimir o pdf e recortar os debuxos para facer un memory, e pasar un ratiño divertido. Facede clic na imaxe para acceder.


Debuxos para colorear: Neste enlace podedes colorear os personaxes que aparecen no conto e utilizalos para facer un teatriño. Facede clic na imaxe para acceder.




Experimento primavera de "Menuda ciencia": Plantar unha faba, lentella, ou calquera outra semente nun recipiente transparente e ver o que ocorre. Se pinchades na imaxe podedes ver paso a paso como tedes que facer. 

Videoconto de "Cuentos en la nube". No seguinte vídeo podedes escoitar o conto ó tempo que vedes as súas ilustracións. 


E para rematar esta entrada deixamos unha canción sobre a primavera, do álbum “Coas miñas mans” de Pablo Díaz.

domingo, 14 de marzo de 2021

CHIBOS CHIBÓNS

 

Autora: Olalla González    Ilustrador: Federico Fernández    Editorial Kalandraka

SOBRE O CONTOTrátase  dunha adaptación dun conto popular. Nel relátase o que lles sucedeu a tres chibos, un grande, outro mediano e outro pequeno, que un día quixeron cruzar a ponte para comer herba, e deron cun ogro. Os tres chibos trazarán un plan para enganalo, demostrando que máis vale utilizar a maña e a astucia que o enfrontamento físico.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades. Para aprender e xogar con este conto propoñémosvos un caderno de actividades de elaboración propia. Nel podedes atopar crebacabezas, un labirinto, diferenzas, series... Escollede as que máis vos gusten! Premede na imaxe para descargalo en PDF.


Grande, mediano e pequeno! Podedes ordenar a modo de serie ou agrupar calquera obxecto que teñades pola casa en función do seu tamaño. As series podédelas completar, quitar un elemento e descubrir cal falta, quitar dous elementos... Hai moitas posibilidades! Nesta foto mostrámosvos unha proposta con calzado pero calquera cousa serve! Esperamos que o pasedes moi ben!


Patín, patín, patín! Premendo na seguinte ligazón podedes escoitar unha canción composta e cantada por David Vega sobre este conto. Seguro que vos encantará!


A letra é moi sinxeliña e seguro que algúns xa a coñecedes. Animádesvos a cantala e a facer o acompañamento do ritmo con percusión corporal? Aquí vai a nosa proposta!

OUTRAS PROPOSTAS:

E para rematar, un videoconto extraído da canle de youtube “Taxi Roberto Burela”. Agardamos que vos guste!

domingo, 7 de marzo de 2021

A EIRUGUIÑA COMELLONA

Autor: Eric Carle Editorial: Kókinos

SOBRE O CONTOTrátase dun pequeno contiño co que se poden traballar moitos recursos educativos: as cores, os días da semana, os números ata 5, os diferentes tipos de alimentos e a alimentación saudable, o paso do tempo, a evolución da eiruga ata converterse en bolboreta… Ademais conta cunhas ilustracións cheas de cor e se pode adquirir en diferentes edicións: con buratiños, pop-up, conto de tela…

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades:
Aquí vos deixamos as propostas para traballar o conto. Coma sempre, un pequeno caderno de actividades. Premede na imaxe para descargalo.


OUTRAS PROPOSTAS:

Hai tantísimos recursos dispoñibles nas redes para traballar este conto que é case imposible escoller só unha ou dúas actividades, así que… aquí tedes varias propostas con enlaces ás webs para que escollades! Premede nas imaxes para ver toda a información, agardamos que o pasedes xenial.
PEQUETABLET: APPS e outras actividades para nenas e nenos sobre a eiruguiña comellona.


EL MUNDO DE RUKKIA: Recursos imprimibles para colorear, atopar diferencias, contar e escribir números… tamén hai fichas animadas, xogos…

CUENTOS PARA CRECER: Con actividades para traballar a motricidade fina e xogos sinxeliños.


THE BIG BAG TEACHER: Diversas propostas para traballar as intelixencias múltiples a través do conto. Ao pinchar na imaxe accederedes ao PDF do proxecto.

E para rematar, compartímosvos dúas versións contadas deste clásico da literatura infantil, un extraído da canle de youtube “Aula de Elena” e outro no que o propio autor nos le a versión en inglés do conto.


lunes, 1 de marzo de 2021

O PEIXE ARCO-ÍRIS

 

Autor: Marcus Pfister Editorial: Kalandraka

SOBRE O CONTOO peixe arco da vella é o máis fermoso de todo o océano, ten o seu corpo cheo de escamas brillantes! Pero… a pesar da súa beleza, síntese moi só. Gracias a un pequeno peixiño azul e ao polbo que vive na cova descubre que para ser máis feliz e ter amigos debe compartir as súas escamas brillantes. Deixará de ser o peixe máis fermoso e brillante pero aprenderá que a beleza non vai por fóra, senón que está no interior.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades:
Aquí vos deixamos as propostas para traballar o conto. Coma sempre, un pequeno caderno de actividades. Premede na imaxe para descargalo.


OUTRAS PROPOSTAS:

I HEART ARTS N CRAFTS: PEIXE ARCO DA VELLA CON PRATO DE PAPEL: Se premedes enriba da imaxe poderedes acceder á web ode podedes ver paso a paso como se fai.


LEARNING KIDS: PEIXE ARCO DA VELLA MODELADO: Podedes modelar un peixe arco da vella con plastilina ou pasta de sal. Logo poñédeslle peciñas brillantes ou pedaciños de papel de prata  (do que usades para envolver os bocadillos), quedará chulísimo! Premede na imaxe.


CRAFTY MORNIG: TRABALLAMOS A PSICOMOTRICIDADE FINA CO PEIXE ARCO DA VELLA: Por último una manualidade un pouco difícil, pero que con un pouco de axuda seguro que poderedes facela. Ide amodiño e quedará xenial! Preme na imaxe.