domingo, 7 de marzo de 2021

A EIRUGUIÑA COMELLONA

Autor: Eric Carle Editorial: Kókinos

SOBRE O CONTOTrátase dun pequeno contiño co que se poden traballar moitos recursos educativos: as cores, os días da semana, os números ata 5, os diferentes tipos de alimentos e a alimentación saudable, o paso do tempo, a evolución da eiruga ata converterse en bolboreta… Ademais conta cunhas ilustracións cheas de cor e se pode adquirir en diferentes edicións: con buratiños, pop-up, conto de tela…

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades:
Aquí vos deixamos as propostas para traballar o conto. Coma sempre, un pequeno caderno de actividades. Premede na imaxe para descargalo.


OUTRAS PROPOSTAS:

Hai tantísimos recursos dispoñibles nas redes para traballar este conto que é case imposible escoller só unha ou dúas actividades, así que… aquí tedes varias propostas con enlaces ás webs para que escollades! Premede nas imaxes para ver toda a información, agardamos que o pasedes xenial.
PEQUETABLET: APPS e outras actividades para nenas e nenos sobre a eiruguiña comellona.


EL MUNDO DE RUKKIA: Recursos imprimibles para colorear, atopar diferencias, contar e escribir números… tamén hai fichas animadas, xogos…

CUENTOS PARA CRECER: Con actividades para traballar a motricidade fina e xogos sinxeliños.


THE BIG BAG TEACHER: Diversas propostas para traballar as intelixencias múltiples a través do conto. Ao pinchar na imaxe accederedes ao PDF do proxecto.

E para rematar, compartímosvos dúas versións contadas deste clásico da literatura infantil, un extraído da canle de youtube “Aula de Elena” e outro no que o propio autor nos le a versión en inglés do conto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario