domingo, 14 de marzo de 2021

CHIBOS CHIBÓNS

 

Autora: Olalla González    Ilustrador: Federico Fernández    Editorial Kalandraka

SOBRE O CONTOTrátase  dunha adaptación dun conto popular. Nel relátase o que lles sucedeu a tres chibos, un grande, outro mediano e outro pequeno, que un día quixeron cruzar a ponte para comer herba, e deron cun ogro. Os tres chibos trazarán un plan para enganalo, demostrando que máis vale utilizar a maña e a astucia que o enfrontamento físico.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades. Para aprender e xogar con este conto propoñémosvos un caderno de actividades de elaboración propia. Nel podedes atopar crebacabezas, un labirinto, diferenzas, series... Escollede as que máis vos gusten! Premede na imaxe para descargalo en PDF.


Grande, mediano e pequeno! Podedes ordenar a modo de serie ou agrupar calquera obxecto que teñades pola casa en función do seu tamaño. As series podédelas completar, quitar un elemento e descubrir cal falta, quitar dous elementos... Hai moitas posibilidades! Nesta foto mostrámosvos unha proposta con calzado pero calquera cousa serve! Esperamos que o pasedes moi ben!


Patín, patín, patín! Premendo na seguinte ligazón podedes escoitar unha canción composta e cantada por David Vega sobre este conto. Seguro que vos encantará!


A letra é moi sinxeliña e seguro que algúns xa a coñecedes. Animádesvos a cantala e a facer o acompañamento do ritmo con percusión corporal? Aquí vai a nosa proposta!

OUTRAS PROPOSTAS:

E para rematar, un videoconto extraído da canle de youtube “Taxi Roberto Burela”. Agardamos que vos guste!

No hay comentarios:

Publicar un comentario