Mostrando entradas con la etiqueta Un libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Un libro. Mostrar todas las entradas

sábado, 30 de enero de 2021

UN LIBRO

 

SOBRE O CONTO: Ao abrir o conto só se ve un círculo amarelo e invita ao lector a pulsar ese círculo co dedo e descubrir o que pasa. Folla a folla aparecen novos desafíos e novas sorpresas. É unha forma diferente de facer lectura, a través do xogo.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades:
Aquí vos deixamos un caderno de actividades sobre o conto. Premede na imaxe da portada para poder descargar o PDF coas actividades para imprimir.
OUTRAS PROPOSTAS:


Pintar con espuma e colorante. Necesitamos un prato cheo de espuma de afetair e unhas gotas de colorante alimentario enriba. Cun pau imos estendendo o colorante e pintando. Ao final podemos estampar o resultado nunha cartolina e deixar secar.

Tarros da calma de 2 cores. Nunha botella de plástico engadimos auga e colorante. Opcionalmente podemos poñerlle glicerina á auga para que sexa máis espesa e se mova máis despaciño. Despois engadimos algo de aceite ata encher case completamente a botella. Pegamos o tapón con pegamento forte para evitar que se abra. E listo!!! Agora toca xirala e ver como os líquidos non se misturan e como o aceite cambia de cor ao pasar pola auga coloreada.
Na foto de Club de Peques Lectores podedes ver como o amarelo do aceite cambia a verde ao pasar polo azul da auga. É unha maneira divertida e relaxante de experimentar a mistura de cores.
Xogo con tapóns. Empregando material de refugallo como tapóns das cores azul, vermella e amarela, podemos traballar un pouco de lóxico-matemática con este conto. Podemos facer series, representando as follas do conto, agrupar por cores...
Un libro con moito ritmo! No seguinte vídeo e no Blog Despertando el deseo de aprender podedes ver como empregar este libro para crear ritmos. Que idea tan orixinal!