domingo, 21 de febrero de 2021

AURELIO


Autor: Antonio Rubio Ilustrador: Federico Fernández Editorial: Kalandraka

SOBRE O CONTOO Morcego Aurelio roubou as cinco vogais para facer o seu nome! Onde poderemos atopalas? Ó longo deste conto rimado irémolo descubrindo... Trátase dun libro para ler, recitar, divertirse e xogar coa a, e, i, o, u.

AS PROPOSTAS DE URSO:
Caderno de actividades:
Aquí vos deixamos outro pequeno caderno de actividades co que podedes xogar a coleccionar as vogais que atopedes no nome de Aurelio ou no voso e tamén a escribir algunhas das onomatopeas que aparecen no conto. Premede na portada para descargar o PDF.


E lembrade que o caderno se pode adaptar a cada neno ou nena. Aquí vos deixamos algunha imaxe para que vos fagades unha idea da gran variedade de posibilidades que hai para completalo. 


OUTRAS PROPOSTAS:

Os tarros do morcego Aurelio: Esta actividade consiste en ir gardando en cada tarro palabras que conteñan esa vogal.


Creamos ó morcego Aurelio: Seguro que tedes pola casa algún tubo de papel hixiénico ou de cociña... Antes de tiralo dádelle unha nova vida! Transformádeo no morcego Aurelio!




A cantar! E unha vez máis, compartímosvos un vídeo musical da canle de Youtube “O mundo ao revés. Sonia Hermida” no que podedes aprender a cantar este conto. 

sábado, 13 de febrero de 2021

POLO CAMIÑO


Autora: Mariana Ruíz Johnson  Editado en galego por Kalandraka

SOBRE O CONTOTrátase dun poema-canción infantil que desprende ledicia, ritmo e musicalidade. Está protagonizado por distintos animais (dende elefantes a ratos, gatos e osos) que marchan ao ritmo destes versos, marcando unha progresión numérica. Así, do 1 ao 10 vanse enumerando personaxes ata chegar a un sorprendente e festivo destino.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades:
Aquí vos deixamos outro pequeno caderno de actividades co que podedes exercitar diferentes habilidades (conteo, a asociación grafía-cantidade, atención, discriminación visual, grafomotricidade, etc.). Premede na imaxe da portada para acceder ao PDF.


OUTRAS PROPOSTAS:
A temática do conto, o seu ritmo e a súa musicalidade convérteno nunha ferramenta con múltiples posibilidades para propoñer actividades: de lóxica, relacionadas cos animais, coa alimentación saudable, actividades musicais, etc. A continuación, facemos unha pequena recopilación de propostas atopadas na rede centrándonos nos aspectos matemático e musical deste conto.

A contar!
Propoñemos varias actividades para traballar os números de maneira lúdica. Propostas coas que poderedes xogar e aprender xuntos empregando obxectos cotiáns. 



(Todas as imaxes foron extraídas de Pinterest.)

A cantar!
E non podemos deixar de compartir dous fántásticos vídeos nos que podedes aprender a cantar este conto con diferentes melodías. Escollede a que máis vos guste! O primeiro está en galego e foi extraído da canle de Youtube “O mundo ao revés. Sonia Hermida”.  E, o segundo, é unha versión en castelán da canle de Youtube "Musicando Badabum" de Cristina Martín Sanz. Grazas a ambas por compartilos!



sábado, 6 de febrero de 2021

OSO ATRAPABOLBORETAS


Autora: Susanna Isern        Ilustradora: Marjorie Pourchet        Editado en galego por OQO Editora

SOBRE O CONTOOso atrapabolboretas é un libro sobre a bondade, e no que se nos amosa que moitas veces as aparencias enganan. Tanto o ganapán (un instrumento para capturar bolboretas) como o oso (un animal enorme e de aparencia feroz) son en realidade un obxecto que se empregará para axudar ás bolboretas e un animal bondadoso que se encargará de rescatalas cando caen ao lago… e toda esa bondade terá a súa recompensa.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Antes de recoller as nosas propostas, compartímosvos este vídeo en colaboración con Mariana G. Ropero, no que podedes escoitar o conto á vez que mirades as ilustracións.


Caderno de actividades e fichas de simetrías:
Aquí vos deixamos dúas propostas para traballar o conto. Un pequeno caderno de fichas e unha actividade de arte e simetrías. Premede nas imaxes para acceder aos PDF.


Xogo Ao rescate das bolboretas:
Agardamos que o pasedes xenial. Premede na imaxe para vela máis grande e descubrir como se xoga.


OUTRAS PROPOSTAS:

THE BEST IDEAS FOR KIDSSe premedes enriba da imaxe accederedes á web onde podedes ver paso a paso como se fai esta bolboreta empregando as vosas mans.


E en Pinterest atopamos esta bolboreta en movemento que vos vai a encantar. Deixámosvos un vídeo explicativo para que poidades ver o paso a paso. Premede na imaxe!