viernes, 29 de octubre de 2021

COMO MOLA A TÚA VASOIRA- SAMAÍN!

 

Autora: Julia Donaldson   Ilustrador: Axel Scheffler Editorial: Bruño

SOBRE O CONTOUn conto acumulativo cheo de maxia e de humor, no que se pon en valor a xenerosidade e a importancia de ser agradecidos. O relato está escrito en verso e nel cóntase a historia dunha bruxa que viaxa coa súa gata e que vai perdendo diversos obxectos por mor do vento. Os animais que lle axudan a recuperar as súas cousas suben á súa escoba converténdose nun grupo cada vez máis numeroso.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de traballoPremendo na imaxe podedes descargar o PDF.



Variña máxica de outono: Os elementos da natureza poden ser un bo recurso para crear a nosa propia variña coma a da bruxa do conto. Deixámosvos algún exemplo na seguinte imaxe!


OUTRAS PROPOSTAS:
Profe Mila en Aulas Galegas:
A profe Mila traballou arreo para adaptar o conto “Como mola a túa Vasoira” a Pictos e en galego, así coma o caderno de actividades proposto por Urso. Para velo premede AQUÍ.
Ademais, achéganos unha proposta de pócema e conxuro. Tamén podedes velo premendo na seguinte imaxe.

“ROOM ON THE BROOM” PÁXINA WEB DO CONTO: Nela poderedes atopar diversas APP con xogos, o trailer da película (polo de agora só dispoñible en inglés), o enlace ás contas de instagram, facebook, pinterest e youtube do conto e outras informacións diversas.


Por último, unha curtametraxe moi divertida e o conto contado e LSE polo alumnado de 5º A do CEIP Quiroga Palacios.


Extraída da canle de Youtube “GRUFFALO WORLD”