SOBRE O CONTO: Un conto acumulativo cheo de maxia e de humor, no que se pon en valor a xenerosidade e a importancia de ser agradecidos. O relato está escrito en verso e nel cóntase a historia dunha bruxa que viaxa coa súa gata e que vai perdendo diversos obxectos por mor do vento. Os animais que lle axudan a recuperar as súas cousas suben á súa escoba converténdose nun grupo cada vez máis numeroso.
AS PROPOSTAS DE URSO:
Variña máxica de outono: Os elementos da natureza poden ser un bo recurso para crear a nosa propia variña coma a da bruxa do conto. Deixámosvos algún exemplo na seguinte imaxe!
OUTRAS PROPOSTAS:
Profe Mila en Aulas Galegas:
A profe Mila traballou arreo para adaptar o conto “Como mola a túa Vasoira” a Pictos e en galego, así coma o caderno de actividades proposto por Urso. Para velo premede AQUÍ.
Ademais, achéganos unha proposta de pócema e conxuro. Tamén podedes velo premendo na seguinte imaxe.
Por último, unha curtametraxe moi divertida e o conto contado e LSE polo alumnado de 5º A do CEIP Quiroga Palacios.
Extraída da canle de Youtube “GRUFFALO WORLD”
No hay comentarios:
Publicar un comentario