sábado, 13 de febrero de 2021

POLO CAMIÑO


Autora: Mariana Ruíz Johnson  Editado en galego por Kalandraka

SOBRE O CONTOTrátase dun poema-canción infantil que desprende ledicia, ritmo e musicalidade. Está protagonizado por distintos animais (dende elefantes a ratos, gatos e osos) que marchan ao ritmo destes versos, marcando unha progresión numérica. Así, do 1 ao 10 vanse enumerando personaxes ata chegar a un sorprendente e festivo destino.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades:
Aquí vos deixamos outro pequeno caderno de actividades co que podedes exercitar diferentes habilidades (conteo, a asociación grafía-cantidade, atención, discriminación visual, grafomotricidade, etc.). Premede na imaxe da portada para acceder ao PDF.


OUTRAS PROPOSTAS:
A temática do conto, o seu ritmo e a súa musicalidade convérteno nunha ferramenta con múltiples posibilidades para propoñer actividades: de lóxica, relacionadas cos animais, coa alimentación saudable, actividades musicais, etc. A continuación, facemos unha pequena recopilación de propostas atopadas na rede centrándonos nos aspectos matemático e musical deste conto.

A contar!
Propoñemos varias actividades para traballar os números de maneira lúdica. Propostas coas que poderedes xogar e aprender xuntos empregando obxectos cotiáns. 



(Todas as imaxes foron extraídas de Pinterest.)

A cantar!
E non podemos deixar de compartir dous fántásticos vídeos nos que podedes aprender a cantar este conto con diferentes melodías. Escollede a que máis vos guste! O primeiro está en galego e foi extraído da canle de Youtube “O mundo ao revés. Sonia Hermida”.  E, o segundo, é unha versión en castelán da canle de Youtube "Musicando Badabum" de Cristina Martín Sanz. Grazas a ambas por compartilos!



No hay comentarios:

Publicar un comentario