domingo, 21 de marzo de 2021

DESAYUNO DE PRIMAVERA

Hoxe comeza a primavera e queremos celebralo compartindo este conto tan especial para nós. Agardamos que vos guste!


Autora: Pilar Redondo Benítez        Ilustradora: Joana Bruna         Editorial: Amigos de papel

SOBRE O CONTOChega a primavera e todos os animais espertan do seu sono invernal e o bosque énchese de vida. Zorro atopa unha cesta abandonada cun rico biscoito dentro. Ten moitas gañas de comer un anaco, pero antes decide buscar ao seu dono e así pedirlle se o poden compartir. Na súa búsqueda crúzase con varios animais que se van sumando ao seu obxectivo. Finalmente, atoparán á dona do biscoito e descubrirán que o seu obxectivo era xustamente o de organizar unha festa de benvida para compartir ese rico biscoito.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades. Premede na imaxe para descargar o novo caderno de actividades. Nel podedes atopar actividades de comprensión, lóxica, lectura e escritura e incluso arte. Pasádeo moi ben!

E agora tamén podedes descargar o caderno en castelán. Premede na seguinte imaxe!

OUTRAS PROPOSTAS:
Biscoito de mazá: Igual que os animaliños do bosque se vos animades podedes facer este rico biscoito para celebrar a chegada da primavera. Aquí vos queda a receita. Podedes vela pinchando na imaxe.
Memori cos personaxes do conto: Podedes imprimir o pdf e recortar os debuxos para facer un memory, e pasar un ratiño divertido. Facede clic na imaxe para acceder.


Debuxos para colorear: Neste enlace podedes colorear os personaxes que aparecen no conto e utilizalos para facer un teatriño. Facede clic na imaxe para acceder.




Experimento primavera de "Menuda ciencia": Plantar unha faba, lentella, ou calquera outra semente nun recipiente transparente e ver o que ocorre. Se pinchades na imaxe podedes ver paso a paso como tedes que facer. 

Videoconto de "Cuentos en la nube". No seguinte vídeo podedes escoitar o conto ó tempo que vedes as súas ilustracións. 


E para rematar esta entrada deixamos unha canción sobre a primavera, do álbum “Coas miñas mans” de Pablo Díaz.

1 comentario: