lunes, 21 de marzo de 2022

ANIMALADAS

Autora: J. R. Barat   Ilustrador: Manuela López García Editorial: Bruño


SOBRE O CONTO: Coa lectura deste libro poderedes descubrir as letras do abecedario da man dos animais máis divertidos e orixinais que vistes nunca. ¿Sabiades que a señora Lontra paséase polo fondo mariño coas súas gafas de buceo e que don Saltón viaxa polo mundo con mochila de viaxeiro e sombreiro de aventureiro?

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de traballoPremendo na imaxe podedes descargar o PDF.


A pinza na inicial: Esta actividade favorece o desenvolvemento da conciencia fonolóxica e a asociación grafema- fonema. Cunha pequena pinza, os nenos e nenas marcarán a inicial do animal de cada tarxeta.


Composición de palabras: Nesta actividade escóllese unha imaxe e componse o nome do animal correspondente con letras móbiles. Tamén hai un espazo destinado a escribir e outro a debuxar. Ademais, as imaxes de cada animal poden empregarse para crear unha palabra secreta e os nenos e nenas xogan a adiviñala descubrindo a inicial de cada debuxo.


Busca o nome: Esta actividade consiste en emparellar cada imaxe do animal coa palabra á que esta fai referencia.


Panel ABC: E nesta ocasión, trátase de completar un panel do abecedario coa imaxe de cada animal que presenta este álbum ilustrado.


Xogo da ruleta: E, por último, propñémosvos este xogo no que os nenos e nenas deben xirar a ruleta e despegar o animal que lles toque para completar o abecedario.


Todos estes materiais que fomos presentando nas últimas imaxes podedes descargalos premendo na seguinte ligazón:

viernes, 29 de octubre de 2021

COMO MOLA A TÚA VASOIRA- SAMAÍN!

 

Autora: Julia Donaldson   Ilustrador: Axel Scheffler Editorial: Bruño

SOBRE O CONTOUn conto acumulativo cheo de maxia e de humor, no que se pon en valor a xenerosidade e a importancia de ser agradecidos. O relato está escrito en verso e nel cóntase a historia dunha bruxa que viaxa coa súa gata e que vai perdendo diversos obxectos por mor do vento. Os animais que lle axudan a recuperar as súas cousas suben á súa escoba converténdose nun grupo cada vez máis numeroso.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de traballoPremendo na imaxe podedes descargar o PDF.



Variña máxica de outono: Os elementos da natureza poden ser un bo recurso para crear a nosa propia variña coma a da bruxa do conto. Deixámosvos algún exemplo na seguinte imaxe!


OUTRAS PROPOSTAS:
Profe Mila en Aulas Galegas:
A profe Mila traballou arreo para adaptar o conto “Como mola a túa Vasoira” a Pictos e en galego, así coma o caderno de actividades proposto por Urso. Para velo premede AQUÍ.
Ademais, achéganos unha proposta de pócema e conxuro. Tamén podedes velo premendo na seguinte imaxe.

“ROOM ON THE BROOM” PÁXINA WEB DO CONTO: Nela poderedes atopar diversas APP con xogos, o trailer da película (polo de agora só dispoñible en inglés), o enlace ás contas de instagram, facebook, pinterest e youtube do conto e outras informacións diversas.


Por último, unha curtametraxe moi divertida e o conto contado e LSE polo alumnado de 5º A do CEIP Quiroga Palacios.


Extraída da canle de Youtube “GRUFFALO WORLD”

viernes, 4 de junio de 2021

RANA DE TRES OLLOS - DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, 5 DE XUÑO

Autor: Olga de Dios   Editorial: Apila Ediciones

SOBRE O CONTOTrátase dunha reflexión sobre o estado do noso planeta, que transmite o que significa vivir na sensible pel dos anfibios, un dos grupos animais máis amenazados do planeta.
Este conto pretende ensinar aos máis pequenos valores como o consumo responsable e o respecto cara a natureza. Pero tamén trata sobre a diversidade, a igualdade de xénero e a transmisión de cultura e coñecemento. E todo isto a autora faino cuns personaxes e unhas historias que enganchas aos máis pequenos/as.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de traballo
Premendo na imaxe podedes descargar o PDF.


No PDF que vos deixamos a continuación, elaborado por SOGAMA, podedes ver que temos que meter en cada colector. Podedes velo premendo AQUÍ.

OUTRAS PROPOSTAS:
Miriam (Instagram @ostadarra2020): XOGOS MOTORES! Como xa dixemos este conto fálanos de coidar o medio ambiente, a produción innecesaria continua e a posibilidade de reutilizar, e diso tratan estas actividades. Con rolos de papel hixíenico e uns aros de cartón preparan todos estes xogos e actividades.
Pinchando na imaxe podedes ver o PDF coas propostas de xogos e actividades.


FABRICAMOS UNHA RA CON MATERIAL DE REFUGALLO: Na seguinte imaxe podedes ver ras feitas con pedras, rolos de papel, platos, globos....e outros materiais que se poden reutilizar e reciclar. Animádesvos a facer unha?


CANCIÓN: "EL BAILE DEL CAMBIO" Esta é unha canción infantil para este conto, a música e a letra por Erik Sjöholm, e Tamara González

Vídeo extraído da canle de Youtube " Sharing Learnings"

martes, 25 de mayo de 2021

25 DE MAIO, DÍA DE ELMER!



Autor: David McKee      Editado en galego pola Editorial Kalandraka

SOBRE O CONTO: O conto de hoxe non podía ser outro! A historia de Elmer, o elefante de cores, é un clásico da literatura infantil, un conto que promove a solidariedade, o respecto, a aceptación e a amizade. As ilustracións, realizadas polo seu autor David McKee están inspiradas pola obra do pintor Paul Klee. 

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de traballoEn internet pódense atopar moitísimas actividades para traballar o conto (manualidades, actividades imprimibles, coloreables, actividades interactivas…). Inspiradas en todas estas actividades realizamos un pequeno caderno sobre Elmer do que podedes sacar moitas ideas e adapatalas, agardamos que vos gusten!.


OUTRAS PROPOSTAS:
Club de peques lectores: TEATRO DE SOMBRAS DE ELMER con imprimibles para poder facelo de maneira moi sinxela. Ademais neste mesmo enlace podedes atopar imprimibles para facer teatro de sombras de outros contos como o de La pequeña oruga glotona.


El mundo de RukkiaUnha vez máis acudimos ao mundo de Rukkia, neste caso propón actividades como: unir as parellas de iguais, buscar diferencias, xogos de memoria, de sobras, crebacabezas…

viernes, 30 de abril de 2021

PÁJARO AMARILLO

 

Autora: Olga de Dios    Editorial: Apila

SOBRE O CONTOO protagonista deste conto é un pequeno páxaro amarelo que se distingue de todos os seus amigos que poden voar por unha gran capacidade: a de crear inventos. A diversidade é un dos temas que se abordan a través deste conto. Pájaro Amarillo comparte cos seus amigos e amigas todas as súas creacións e desfruta con eles e elas, ata que queda só, xa que todos os paxaros emprenden viaxes a outros lugares do mundo. Ao recibir postais deles, séntese moi triste e expresa a súa tristeza debido a frustración de non poder voar, de non poder vivir a vida tal e como poden as súas amigas e amigos. Que fará para solucionar iso? Descúbreo no conto.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de investigaciónDeixámosvos un pequeno proxecto de investigación das aves que saen no conto. Con todas elas podedes facer un caderno de investigación. Xa sabedes que o que vos deixamos no blog son ideas para facer, non tedes porque facelo todo. Premendo na imaxe podedes ver e descargar o PDF.


Viaxar coas aves: Para traballar con este libro elaboramos unas tarxetas sobre aves e continentes, posto que ó inicio e final do conto aparece o planisferio. 




Isto daranos moito xogo, xa que ademais de aprender os nomes das diferentes aves, van poder relacionalas co continente ao que pertencen e así aprender tamen os continentes dunha forma manipulativa


Pinchando na imaxe podedes entrar no PDF no que tedes as tarxetas das aves e dos continentes, así como dos nomes de todas elas. Podedes imprimilos e recortalos para poder xogar con eles ou ben debuxalos. Como vos prefirades.


Nestas imaxes, sacadas de https://elauladejanire.wordpress.com/2015/11/02/cuento-sobre-compartir-y-colaborar-pajaro-amarillo/ podedes ver como empregar ese material.



Un paxaro inventor: Imos facer un pouco de ciencia! Este é un experimento moi sinxelo no que só necesitades un vaso, papel e auga. Mirade o vídeo e a probar vós. Fixádevos na man que ten o parafuso.


OUTRAS PROPOSTAS:
Algunhas manualidades: Sabedes que a Paxaro Amarelo lle encanta crear cousas, pois nós imos propoñervos facer un paxariño moi moi divertido e colorido, só necesitades un anaco de catón, nel debuxade o paxariño e pintádeo ou decorádeo como vos guste, podedes empregar todo o que queirades. Estamos desexando ver que paxariños tan fermosos creades. Na seguinte imaxe deixámosvos un exemplo por se non se vos ocorre nada...

Imaxes sacadas de Pinterest


E para rematar unha rima con movemento de Tamara Chubarovsky, EL POLLITO.


domingo, 18 de abril de 2021

DE QUE COR É UN BICO

 

Autora: Rocío Bonilla         Editorial: Algar

SOBRE O CONTOEste conto trata dunha nena chamada MINIMONI, a ela encántalle pintar mil cousas de cores: xoaniñas vermellas, ceos azuis, plátanos amarelos...pero nunca pintou un bico. De que cor será? Vermello como unha deliciosa salsa de tomate? Non, porque tamén é a cor do enfado...Será verde como os crocodilos, que sempre lle pareceron tan simpáticos? Imposible, porque é a cor das verduras, e non lle gusta comelas! Como podería pescudar de que cor é un bico?

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades. Premede na imaxe para descargar o novo caderno de actividades. Agardamos que vos guste!



OUTRAS PROPOSTAS:
Xogamos coas cores: A continuación, deixámosvos unhas imaxes de propostas para traballar as cores, clasificándoas, seguindo un patrón... Son moi fáciles de facer! Serve calquera obxecto que teñamos pola casa. 



Imaxes extraídas de Pinterest.

Segue o camiño: Hoxe tamén vos deixamos un exemplo dun xogo de orientación espacial con cores. Deixámosvos unhas plantillas descargables en PDF pero podedes adaptalo como vos queirades. Pinchando na imaxe podedes ver o vídeo.

Actividades de Educación Infantil
E xa para rematar deixámosvos a canción “Bicos polo aire” de Fíos do querer.

miércoles, 7 de abril de 2021

NADARÍN


Autor: Leo Lionni            Editorial: Kalandraka

SOBRE O CONTOEste é un conto que nos invita á reflexión sobre moitos valores distintos: o valor da diferenza e o respecto por todos, a superación dos medos e das adversidades e o valor do traballo en equipo, porque "a unión fai a forza" e o peixe pequeno non sempre ten que perder fronte ao grande.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades. Premede na imaxe para descargar o novo caderno de actividades. Agardamos que vos guste!


A pintar! Outra proposta que vos deixamos é facer un mural/cadro coas imaxes do conto. Para eso, primeiro tedes que facer o fondo mariño con acuarelas ou témperas e despois  podedes comenzar a estampar peixes sobre o fondo. Póñemosvos algunhas ideas de como podedes facer para estampar os peixes.


OUTRAS PROPOSTAS:
MOONIMA. Peixes de fieltro ou goma eva. Empregando a plantilla que nos achega MOONIA, debuxamos peixes, no material escollido, vermellos e negros. Despois, recortamos e pegamos ollos móviles aos peixes, un ollo a cada lado, como vedes na imaxe.
Pinchando na imaxe podedes descargar o PDF para imprimir a plantilla do peixe e as tarxetas para a actividade de dereita- esquerda que explicamos a continuación.


Estes peixiños imos necesitalos para facer a seguinte actividade. 


Facemos un acuario. Deixámosvos varias propostas para que escollades a que máis vos guste, e botádelle imaxinación e sorprendédenos co voso acuario.


E rematamos cun pouquiño de música, con unha canción de Magín Blanco titulada 
"Peixiños do mar".


Canción sacada da canle de youtube "A Mesa pola Normalización Lingüística"