lunes, 4 de enero de 2021

CROCODILO

 
Autor: Antonio Rubio       Ilustración: Óscar Villán      Editorial: Kalandraka

SOBRE O CONTO: Este conto é un poema acumulativo para ler e cantar, no que podemos traballar as cores. Comeza cun extravagante crocodilo verde, verde, verde, que se sobe nun baúl azul azul, azul, que sobe...

AS PROPOSTAS DE URSO:

Cadernos de actividades:
Aquí vos deixamos o noso caderno de actividades sobre o conto. Premede na imaxe para abrir o PDF e descargalo.

E se queredes seguir xogando con este conto, aquí tedes outro caderno relacionado co vídeo que podedes ver a continuación. Premede na imaxe para descargar o caderno.



Xogos
Aquí tedes dous xogos, un para asociar as palabras ás imaxes, pode ser co nome das cores ou co dos personaxes do conto, e o outro de buscar parellas. Premendo na imaxe podedes abrir o PDF cos debuxos e as palabras.


Creade o voso conto
Segue os seguintes pasos...
1. Imprimide os debuxos que vos deixamos a continuación.
2. Pintadeos, recortádeos e pegádeos sobre cartolina.
3. Escribide debaixo de cada debuxo ou recortade letras de revistas e pegádeas formando palabras.
4. Encuadernade, cosendo as cartolinas con la ou corda ou grampa.

Premede na imaxe para abrir o PDF.


OUTRAS PROPOSTAS:

Educando lectores: Construímos unha torre cos personaxes do conto. Teredes que facer o debuxo de cada cousiña que sae no conto, pegalos en pezas de construción, caixiñas, ou outro obxecto apilable de refugallo que atopedes. A continuación colocaredes os personaxes como van aparecendo no conto, que ten por riba o crocodilo? e o baúl? Tamén podedes facer a torre con algún erro e xogar a atopalo, e todo aquilo que se vos ocorra.


6 comentarios: