domingo, 10 de enero de 2021

LIMÓN


Autor: Antonio Rubio       Ilustración: Óscar Villán     Editorial: Kalandraka

SOBRE O CONTOEste é outro dos contos da famosa colección de pictogramas poéticos de Kalandraka "Do berce á lúa". A musicalidade do texto e a repetición das palabras permite aos nenos e nenas engancharse dende moi pequenos a este poema visual. Parécenos un conto moi adecuado para nenas e nenos que están empezando a ler de forma autónoma, xa que o seu texto sinxelo e o ritmo permitiralles rematar a lectura por si mesmos con facilidade.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades:
Aquí vos deixamos o noso caderno de actividades sobre o conto. Premede na imaxe para abrir o PDF e descargalo.


3 en raia!
Só necesitades 6 tapóns e recortar 3 fresas e 3 limóns en cartón ou goma eva, o material que queirades, a continuación pegalas nos tapóns e facer o taboleiro, e... A xogar!

A signar e cantar!
Podedes aprender un pouco de Lingua de Signos mentres cantades a canción do conto. Aquí vos deixamos un vídeo no que podedes aprender os signos!


OUTRAS PROPOSTAS:

Receita limonada: Pasaredes un ratiño divertido e refrescante mentres preparades esta sinxela receita proposta na páxina Con mis hijos, unha bebida caseira tradicional. Na imaxe podedes ver como facela!


Mensaxes con tinta invisible: Gustariavos aprender a fabricar tinta invisible? Con ela poderedes xogar a detectives, ou sorprender a alguén cunha mensaxe secreta que só poderá ver con algunhas indicacións.

Fabricar tinta invisible é moi sinxelo, tratáse dun experimento moi divertido e non necesitades moitos materiais. Na imaxe podedes ver como facelo.



Estampamos con froitas e verduras: Facer selos caseiros é unha manualidade faciliña e que adoita gustar moito aos máis pequenos. Só tedes que coller froitas ou verduras que teñades pola casa, cortalas á metade, poñerlles témpera e a estampar no papel!


No hay comentarios:

Publicar un comentario