sábado, 16 de enero de 2021

ANIMAIS


Autor: Antonio Rubio       Ilustración: Óscar Villán     Editorial: Kalandraka

SOBRE O CONTOOs animais deste conto aparecen pouco a pouco ata reunirse nun final no que se pon en pulo o valor da amizade. 

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de investigación:
Aquí vos deixamos un caderno de investigación sobre os animais do conto! Agardamos que o pasedes xenial! 
Pinchando na imaxe podedes descargar o documento.

NOTA: O caderno de investigación pode completarse de moitas maneiras… Debaixo do nome de cada animal hai unha liña na que podedes escribilo. As preguntas poden responderse escribindo ou debuxando. Por exemplo:
Na ficha da pantera preguntamos de que cor son a maioría delas, para contestar podedes escribilo ou ben pintar un circuliño da cor correspondente.
Na ficha da cegoña podedes responder escribindo, repasando o que escribe un maior ou debuxando a resposta.

Dime que fixeches... Libro musical!
Seguro que coñecedes moi ben esta canción do grupo Migallas chea de Animais, pois xa se convertou nun clásico da música infantil en galego. Por aquí vos deixamos o vídeoclip publicado pola canle de youtube Kalandraka TV e un caderno para colorear e crear o voso propio Libriño Musical coas ilustracións de Óscar Villán. Premede na imaxe para descargalo en PDF!


OUTRAS PROPOSTAS:

La Senyo Eva (Instagram): A Senyo Eva tamén comparte no seu instagram un caderno de actividades a partir deste conto tan divertido, entre outros. Premendo na imaxe que vos deixamos a continuación podedes acceder ó seu drive e descargalo. Non dubidedes en seguir o seu perfil! 


A cantar e a signar! (Canle LSE CEIP Quiroga Palacios): Como sabedes por entradas anteriores, os contos desta colección son moi axeitados para iniciarnos na LSE (Lingua de Signos). Nesta ocasión deixámosvos un vídeo creado na corentena por unha compañeira do CEIP Quiroga Palacios. Agardamos que vos guste tanto coma nós!


A cantar con Garrapatea! Tamén vos deixamos este vídeo no que podedes escoitar o conto cantado en castelán e que foi compartido na canle de Youtube Garrapatea. Un universo musical


Animais para xogar! E se o que queredes e xogar a imaxinar con animais en miniatura, recomendámosvos estes de inspiración Waldorf, feitos en madeira e dunha calidade inmellorable. Podedes atopar unha chea deles na tenda online Veobio. Premede na imaxe para acceder.

No hay comentarios:

Publicar un comentario