sábado, 23 de enero de 2021

O GRÚFALO


Autora: JuliaDonaldson  Ilustrador: Axel Scheffler  Editorial: Patas de Peixe

SOBRE O CONTOUn pequeno ratiño atópase polo bosque cun montón de animais que o queren comer… pero o seu enxeño fai que todos eles acaben marchando porque lles conta que quedou para xantar cun terrible animal, moi perigoso, o Grúfalo. Será real ese animal tan terrible? Teredes que ler o conto para adiviñalo!

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades:
Aquí vos deixamos un caderno de actividades sobre o conto. Premede na imaxe para poder descargar o PDF coas actividades impresas.

OUTRAS PROPOSTAS:

Este conto converteuse nun clásico da literatura infantil e por ese motivo na rede podemos atopar infinidade de recursos para traballalo e divertirvos coa historia e os personaxes. Agardamos que vos gusten!

Grúfalos, máscaras e parellas: 
E aquí tedes un documento en PDF que podedes imprimir (orixinal da Editorial MacMillan). Nel aparecen imaxes para facer un xogo de parellas e tamén as máscaras de todos os personaxes do conto, só tes que imprimilas, pintalas e recortalas! Premede na imaxe.


E nesta imaxe podedes ver ao Grúfalo feito con diversos materiais.


A cantar co Grúfalo!
E o que vos poñemos a continuación parécenos moi interesante! A CANCIÓN DO GRÚFALO interpretada con signos por Julia Donaldson (a autora do conto) e o seu marido Malcolm. Está en inglés pero pensamos que é moi moi divertida e fácil de seguir, non a perdades!


Un pouco de teatro! Tamén podedes contar vós o conto coas marionetas imprimibles e recortables (orixinal da Editorial MacMillan). Premede na imaxe para acceder ao PDF


Ou facendo un teatriño coas personaxes feitas con rollos de papel como se ve na imaxe.


O Grúfalo, a película! 
E, por último, deixámosvos o trailer da película do Grúfalo que se pode ver en Amazon Prime Video. Palomitas e cine en familia, un bo plan para as tardes de inverno na casa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario