domingo, 21 de marzo de 2021

DESAYUNO DE PRIMAVERA

Hoxe comeza a primavera e queremos celebralo compartindo este conto tan especial para nós. Agardamos que vos guste!


Autora: Pilar Redondo Benítez        Ilustradora: Joana Bruna         Editorial: Amigos de papel

SOBRE O CONTO: Chega a primavera e todos os animais espertan do seu sono invernal e o bosque énchese de vida. Zorro atopa unha cesta abandonada cun rico biscoito dentro. Ten moitas gañas de comer un anaco, pero antes decide buscar ao seu dono e así pedirlle se o poden compartir. Na súa búsqueda crúzase con varios animais que se van sumando ao seu obxectivo. Finalmente, atoparán á dona do biscoito e descubrirán que o seu obxectivo era xustamente o de organizar unha festa de benvida para compartir ese rico biscoito.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades. Premede na imaxe para descargar o novo caderno de actividades. Nel podedes atopar actividades de comprensión, lóxica, lectura e escritura e incluso arte. Pasádeo moi ben!

E agora tamén podedes descargar o caderno en castelán. Premede na seguinte imaxe!

OUTRAS PROPOSTAS:
Biscoito de mazá: Igual que os animaliños do bosque se vos animades podedes facer este rico biscoito para celebrar a chegada da primavera. Aquí vos queda a receita. Podedes vela pinchando na imaxe.
Memori cos personaxes do conto: Podedes imprimir o pdf e recortar os debuxos para facer un memory, e pasar un ratiño divertido. Facede clic na imaxe para acceder.


Debuxos para colorear: Neste enlace podedes colorear os personaxes que aparecen no conto e utilizalos para facer un teatriño. Facede clic na imaxe para acceder.




Experimento primavera de "Menuda ciencia": Plantar unha faba, lentella, ou calquera outra semente nun recipiente transparente e ver o que ocorre. Se pinchades na imaxe podedes ver paso a paso como tedes que facer. 

Videoconto de "Cuentos en la nube". No seguinte vídeo podedes escoitar o conto ó tempo que vedes as súas ilustracións. 


E para rematar esta entrada deixamos unha canción sobre a primavera, do álbum “Coas miñas mans” de Pablo Díaz.

domingo, 14 de marzo de 2021

CHIBOS CHIBÓNS

 

Autora: Olalla González    Ilustrador: Federico Fernández    Editorial Kalandraka

SOBRE O CONTO: Trátase  dunha adaptación dun conto popular. Nel relátase o que lles sucedeu a tres chibos, un grande, outro mediano e outro pequeno, que un día quixeron cruzar a ponte para comer herba, e deron cun ogro. Os tres chibos trazarán un plan para enganalo, demostrando que máis vale utilizar a maña e a astucia que o enfrontamento físico.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades. Para aprender e xogar con este conto propoñémosvos un caderno de actividades de elaboración propia. Nel podedes atopar crebacabezas, un labirinto, diferenzas, series... Escollede as que máis vos gusten! Premede na imaxe para descargalo en PDF.


Grande, mediano e pequeno! Podedes ordenar a modo de serie ou agrupar calquera obxecto que teñades pola casa en función do seu tamaño. As series podédelas completar, quitar un elemento e descubrir cal falta, quitar dous elementos... Hai moitas posibilidades! Nesta foto mostrámosvos unha proposta con calzado pero calquera cousa serve! Esperamos que o pasedes moi ben!


Patín, patín, patín! Premendo na seguinte ligazón podedes escoitar unha canción composta e cantada por David Vega sobre este conto. Seguro que vos encantará!


A letra é moi sinxeliña e seguro que algúns xa a coñecedes. Animádesvos a cantala e a facer o acompañamento do ritmo con percusión corporal? Aquí vai a nosa proposta!

OUTRAS PROPOSTAS:

E para rematar, un videoconto extraído da canle de youtube “Taxi Roberto Burela”. Agardamos que vos guste!

domingo, 7 de marzo de 2021

A EIRUGUIÑA COMELLONA

Autor: Eric Carle Editorial: Kókinos

SOBRE O CONTO: Trátase dun pequeno contiño co que se poden traballar moitos recursos educativos: as cores, os días da semana, os números ata 5, os diferentes tipos de alimentos e a alimentación saudable, o paso do tempo, a evolución da eiruga ata converterse en bolboreta… Ademais conta cunhas ilustracións cheas de cor e se pode adquirir en diferentes edicións: con buratiños, pop-up, conto de tela…

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades:
Aquí vos deixamos as propostas para traballar o conto. Coma sempre, un pequeno caderno de actividades. Premede na imaxe para descargalo.


OUTRAS PROPOSTAS:

Hai tantísimos recursos dispoñibles nas redes para traballar este conto que é case imposible escoller só unha ou dúas actividades, así que… aquí tedes varias propostas con enlaces ás webs para que escollades! Premede nas imaxes para ver toda a información, agardamos que o pasedes xenial.
PEQUETABLET: APPS e outras actividades para nenas e nenos sobre a eiruguiña comellona.


EL MUNDO DE RUKKIA: Recursos imprimibles para colorear, atopar diferencias, contar e escribir números… tamén hai fichas animadas, xogos…

CUENTOS PARA CRECER: Con actividades para traballar a motricidade fina e xogos sinxeliños.


THE BIG BAG TEACHER: Diversas propostas para traballar as intelixencias múltiples a través do conto. Ao pinchar na imaxe accederedes ao PDF do proxecto.

E para rematar, compartímosvos dúas versións contadas deste clásico da literatura infantil, un extraído da canle de youtube “Aula de Elena” e outro no que o propio autor nos le a versión en inglés do conto.


lunes, 1 de marzo de 2021

O PEIXE ARCO-ÍRIS

 

Autor: Marcus Pfister Editorial: Kalandraka

SOBRE O CONTO: O peixe arco da vella é o máis fermoso de todo o océano, ten o seu corpo cheo de escamas brillantes! Pero… a pesar da súa beleza, síntese moi só. Gracias a un pequeno peixiño azul e ao polbo que vive na cova descubre que para ser máis feliz e ter amigos debe compartir as súas escamas brillantes. Deixará de ser o peixe máis fermoso e brillante pero aprenderá que a beleza non vai por fóra, senón que está no interior.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades:
Aquí vos deixamos as propostas para traballar o conto. Coma sempre, un pequeno caderno de actividades. Premede na imaxe para descargalo.


OUTRAS PROPOSTAS:

I HEART ARTS N CRAFTS: PEIXE ARCO DA VELLA CON PRATO DE PAPEL: Se premedes enriba da imaxe poderedes acceder á web ode podedes ver paso a paso como se fai.


LEARNING KIDS: PEIXE ARCO DA VELLA MODELADO: Podedes modelar un peixe arco da vella con plastilina ou pasta de sal. Logo poñédeslle peciñas brillantes ou pedaciños de papel de prata  (do que usades para envolver os bocadillos), quedará chulísimo! Premede na imaxe.


CRAFTY MORNIG: TRABALLAMOS A PSICOMOTRICIDADE FINA CO PEIXE ARCO DA VELLA: Por último una manualidade un pouco difícil, pero que con un pouco de axuda seguro que poderedes facela. Ide amodiño e quedará xenial! Preme na imaxe.

domingo, 21 de febrero de 2021

AURELIO


Autor: Antonio Rubio Ilustrador: Federico Fernández Editorial: Kalandraka

SOBRE O CONTO: O Morcego Aurelio roubou as cinco vogais para facer o seu nome! Onde poderemos atopalas? Ó longo deste conto rimado irémolo descubrindo... Trátase dun libro para ler, recitar, divertirse e xogar coa a, e, i, o, u.

AS PROPOSTAS DE URSO:
Caderno de actividades:
Aquí vos deixamos outro pequeno caderno de actividades co que podedes xogar a coleccionar as vogais que atopedes no nome de Aurelio ou no voso e tamén a escribir algunhas das onomatopeas que aparecen no conto. Premede na portada para descargar o PDF.


E lembrade que o caderno se pode adaptar a cada neno ou nena. Aquí vos deixamos algunha imaxe para que vos fagades unha idea da gran variedade de posibilidades que hai para completalo. 


OUTRAS PROPOSTAS:

Os tarros do morcego Aurelio: Esta actividade consiste en ir gardando en cada tarro palabras que conteñan esa vogal.


Creamos ó morcego Aurelio: Seguro que tedes pola casa algún tubo de papel hixiénico ou de cociña... Antes de tiralo dádelle unha nova vida! Transformádeo no morcego Aurelio!




A cantar! E unha vez máis, compartímosvos un vídeo musical da canle de Youtube “O mundo ao revés. Sonia Hermida” no que podedes aprender a cantar este conto. 

sábado, 13 de febrero de 2021

POLO CAMIÑO


Autora: Mariana Ruíz Johnson  Editado en galego por Kalandraka

SOBRE O CONTO: Trátase dun poema-canción infantil que desprende ledicia, ritmo e musicalidade. Está protagonizado por distintos animais (dende elefantes a ratos, gatos e osos) que marchan ao ritmo destes versos, marcando unha progresión numérica. Así, do 1 ao 10 vanse enumerando personaxes ata chegar a un sorprendente e festivo destino.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Caderno de actividades:
Aquí vos deixamos outro pequeno caderno de actividades co que podedes exercitar diferentes habilidades (conteo, a asociación grafía-cantidade, atención, discriminación visual, grafomotricidade, etc.). Premede na imaxe da portada para acceder ao PDF.


OUTRAS PROPOSTAS:
A temática do conto, o seu ritmo e a súa musicalidade convérteno nunha ferramenta con múltiples posibilidades para propoñer actividades: de lóxica, relacionadas cos animais, coa alimentación saudable, actividades musicais, etc. A continuación, facemos unha pequena recopilación de propostas atopadas na rede centrándonos nos aspectos matemático e musical deste conto.

A contar!
Propoñemos varias actividades para traballar os números de maneira lúdica. Propostas coas que poderedes xogar e aprender xuntos empregando obxectos cotiáns. 



(Todas as imaxes foron extraídas de Pinterest.)

A cantar!
E non podemos deixar de compartir dous fántásticos vídeos nos que podedes aprender a cantar este conto con diferentes melodías. Escollede a que máis vos guste! O primeiro está en galego e foi extraído da canle de Youtube “O mundo ao revés. Sonia Hermida”.  E, o segundo, é unha versión en castelán da canle de Youtube "Musicando Badabum" de Cristina Martín Sanz. Grazas a ambas por compartilos!



sábado, 6 de febrero de 2021

OSO ATRAPABOLBORETAS


Autora: Susanna Isern        Ilustradora: Marjorie Pourchet        Editado en galego por OQO Editora

SOBRE O CONTO: Oso atrapabolboretas é un libro sobre a bondade, e no que se nos amosa que moitas veces as aparencias enganan. Tanto o ganapán (un instrumento para capturar bolboretas) como o oso (un animal enorme e de aparencia feroz) son en realidade un obxecto que se empregará para axudar ás bolboretas e un animal bondadoso que se encargará de rescatalas cando caen ao lago… e toda esa bondade terá a súa recompensa.

AS PROPOSTAS DE URSO:

Antes de recoller as nosas propostas, compartímosvos este vídeo en colaboración con Mariana G. Ropero, no que podedes escoitar o conto á vez que mirades as ilustracións.


Caderno de actividades e fichas de simetrías:
Aquí vos deixamos dúas propostas para traballar o conto. Un pequeno caderno de fichas e unha actividade de arte e simetrías. Premede nas imaxes para acceder aos PDF.


Xogo Ao rescate das bolboretas:
Agardamos que o pasedes xenial. Premede na imaxe para vela máis grande e descubrir como se xoga.


OUTRAS PROPOSTAS:

THE BEST IDEAS FOR KIDS: Se premedes enriba da imaxe accederedes á web onde podedes ver paso a paso como se fai esta bolboreta empregando as vosas mans.


E en Pinterest atopamos esta bolboreta en movemento que vos vai a encantar. Deixámosvos un vídeo explicativo para que poidades ver o paso a paso. Premede na imaxe!